domingo, 1 de febrero de 2009

Zeus


Iniciaremos o estudo dos deuses olímpicos con Zeus. A análise deste personaxe farémola a partir de varias fontes: Páxinas web, vídeos e presentacións. Ao remate, cumprimentaredes as preguntas do cuestionario que se indica abaixo. Este poderá ser entregado ben enviándomo ao meu enderezo de correo electrónico, ben compartindo o ficheiro en google docs ou en papel.

  1. Páxinas web:Añadir vídeo
  2. Vídeos


Amores de Zeus


3. Presentación: Zeus Olímpico
- Cuestionario: Cuestionario de Zeus

jueves, 29 de enero de 2009

Πανικόν, φόβος, δειλία, ὀρρωδία...

Πανικόν, φόβος, δειλία, ὀρρωδία ... todo isto é o que me produce poñerme a escribir nun blog. Mira que xa levo catro ou cinco tardes que me sento diante do ordenador, medito que vou escribir e despois non son capaz de escribir nada. Cando escollín o nome deste blog, fíxeno case sen pensar. Pero agora, en cambio, o nome si que se corresponde co que me acontece a min. O resultado xa se verá: serei devorado pola miña esfinxe ou acabará ela esnafrándose nas rochas?